
O grupo de baile e música tradicional “Airiños da Lagoa”
fundouse en setembro de 1996 na parroquia baionesa de Baíña (Pontevedra), co obxectivo principal e primordial de basear o seu traballo na recuperación, investigación, conservación e difusión daquelas músicas, bailes e cantares da nosa terra para que, deste xeito, non se perda a tradición e a riqueza etnográfica da nosa comunidade autónoma.
Para as súas actuacións conta con trinta e cinco compoñentes que se reparten no grupo de baile, o grupo de gaitas
Os Trebellos

e o grupo de pandereteiras
As Cascarillas

Nas súas intervencións, esta agrupación, pon enriba do escenario unha mostra etnográfica baseada no estudo do traballo de campo levado a cabo polos seus directores. Así, tanto o vestiario, como a xoiería, as músicas, os bailes e os cantares, os instrumentos, etc. son o resultado dun arduo traballo de investigación.
Desde a súa fundación leva percorrido boa parte da xeografía galega e portuguesa, facendo así un traballo de intercambio sociocultural coa xente e os costumes doutras zonas; así como tamén ten feito ese tipo de intercambios con outras provincias españolas como Asturias, Valladolid, Cáceres, Zamora, Salamanca, Murcia, Vizcaya, Madrid, León, Teruel, Toledo, Burgos, Guipúzcoa, Albacete, Segovia, Ciudad Real, etc.

Airiños da Lagoa
foi galardoado cos premios
Distinguido 2002
Na vila de Baiona por levar a cabo o traballo de divulgar o folclore e os costumes do pobo.
Reconocidos Turismo 2005 e 2006
Por contribuír ao fomento da lingua e as riquezas culturais no concello de Baiona.
1º Premio «A caza do folclore»
Concurso folclórico de A Cañiza.